O vindeiro 25 de novembro celebrarase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Por este motivo a Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller do Concello de Poio convoca un concurso de carteis co eslogan.

O obxectivo do certame é a obtención dun cartel co eslogan que logre sensibilizar sobre a violencia de xénero en tódolos ámbitos.


BASES DO CONCURSO:

1.- Neste concurso poderán participar tanto persoas físicas como xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de que sexan inéditas.

2.- Os orixinais realizaranse en papel ou lenzo, en tamaño 45x65 ou 42x59.4 (A2), presentaranse suficientemente protexidos e montados sobre soporte ríxido, que permita a súa perfecta exposición. O material e a técnica utilizada serán libres dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica.

O Concello de Poio non responderá dos posibles estragos ou danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe ou desmontaxe.

3.- Os orixinais deberán incluír necesariamente un lema relativo á non violencia contra as mulleres e o indicativo do día 25 de novembro (día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres). O lema deberá estar escrito en galego.

4.- Os carteis non poden ir asinados polo autor ou autora, que limitará a súa identificación a un lema que estará escrito no cartel. Este irá acompañado dun sobre lacrado que porá, no seu exterior, o mesmo lema que o cartel e, no seu interior, introducirase unha nota escrita a máquina ou rotulación adecuada cos datos persoais do autor ou autora: nome e apelidos, dirección completa, un número de teléfono de contacto e fotocopia do NIF ou CIF, ou outros datos sobre o propio traballo.

5.- O Centro de Información á Muller do Concello de Poio resérvase a facultade de modificar ou substituir o logotipo que apareza na orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se edite; así mesmo, resérvase a posibilidade de incluír os logotipos ou escudos do Concello e entidades colaboradoras.

6.- Os carteis presentaránse no Centro de Información á Muller do Concello de Poio: Avda. Domingo Fontán nº 4, C.P.: 36005, A Barca, San Salvador de Poio, en horario de 9 horas a 14:30 horas, ata o 31 de outubro 2012.

7.- Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se poderá cambiar no seu día polo traballo presentado. Os que reciban facturados serán devoltos ao seu/ a súa autor/autora, si así o solicitan, unha vez verificada a exposición. Os gastos de envío e devolución serán por conta dos concursantes.
Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende o 25 de novembro, sen que os autores dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a istos. Entón, o Concello de Poio poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

8.- O xurado terá a seguinte composición:
  • PRESIDENTE/A: Concelleiro/a da área de Cultura do Concello de Poio.
  • VOCAIS: 3 persoas, 2 relacionadas co mundo das artes e a Concelleira de Igualdade e Benestar social do concello de Poio.
  • SECRETARIA: a Directora do CIM.

9.- Establécese para este concurso un único premio de 300.-€.

O premio estará suxeito á normativa fiscal e poderá ser declarado deserto polo xurado do concurso.

10.- A obra gañadora quedará en propiedade do Concello de Poio; ademais, o autor ou autora cederalle ao Concello, en exclusiva e irrevocablemente, o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade, tamaño ou soporte, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria. Poderáse realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicos ou tamaños necesarios.

11.- Todos os carteis serán expostos ao público co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro) e o primeiro premio entregarase o día da inauguración da exposición, que será fixada con posterioridade.

12.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.

- Máis información: CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE POIO

- igualdade@concellopoio.org
- cim de poio en facebook

Teléfono: 986.87.42.38.